habitacións

Coñeza
as nosas
estancias.

SORPRÉNDASE

As nosas habitacións únicas

Cada unha das 5 habitacións que ofrecemos en O Cruceiro de Aguiar é unha fiestra á calma, á natureza que nos rodea e ao silencio.
Están decoradas con mimo, respectando a alma da casa e deixando que o canto dos paxaros entre polas fiestras.

Queremos que se sinta coma na casa, pero máis libre e máis preto da terra.

FAMILIAR SUPERIOR

AS MIMOSAS

Habitación familiar de 30 m² para 2 adultos e 1 neno, con cama de matrimonio e cama auxiliar. Dispón de baño privado con bañeira hidromasaxe e balcón con zona relax, ideal para gozar de momentos de calma. Un espazo luminoso e acolledor, onde a pedra e a madeira envolven a estancia nunha atmosfera cálida que invita ao descanso.

FAMILIAR

O CIPRÉS

Habitación familiar de 27 m² para 2 adultos e ata 2 nenos, con dúas camas individuais (90×190 cm) e dúas camas supletorias opcionais. Dispón de baño con bañeira e vistas ao xardín e á montaña. O seu nome rende homenaxe ao ciprés que crece xunto á habitación no xardín, un símbolo de calma e conexión.

DOBRE SUPERIOR

O CRUCEIRO

Habitación dobre superior de 21 m² para 2 adultos, con cama extra grande (180×190 cm). Dispón de baño completo con bañeira e vistas ao xardín e á montaña, unha contorna tranquila que invita ao descanso e a gozar do silencio e a luz natural.

DOBRE ADAPTADA

O CASTIÑEIRO

Habitación dobre de 20 m² para 2 adultos, con dúas camas individuais (90×190 cm). Dispón de baño privado adaptado a persoas con mobilidade reducida. A súa decoración rústica, con paredes de pedra e vigas de madeira, crea un ambiente sereno e auténtico.

DOBRE ESTÁNDAR

A VENTANIÑA

Habitación dobre de 16 m² para 2 adultos, con cama de matrimonio e baño privado con ducha. O seu ambiente acolledor e luminoso, xunto á pedra e as vigas de madeira, ofrece un espazo íntimo e relaxante.

Roupa de cama e toallas.
Camas cómodas e renovadas.
Habitacións con baño privado.
Artigos de aseo no baño.
Berces para bebés gratis (baixo dispoñibilidade)
Wifi de alta velocidade en todas as estancias.
Check in 16:00 – 22:00 | Check out 12:00

¡Planea a túa escapada rural perfecta e descubre a beleza de Galicia!

Scroll ao inicio